A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) recupera dous corpos de asasinados polo franquismo na Pobra do Brollón (Lugo) / ARMH

As vítimas do franquismo poderán ter unha oficina de atención na Coruña

Tempo de lectura: 1 min.

Esa é cando menos a intención da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, que presentou ao pleno municipal da Coruña unha proposta, que se debaterá este luns 6 de febreiro, para apoiar a constitución dun Consello de Memoria Democrática e a creación dunha Oficina de atención ás vítimas do franquismo.

Así o anunciou a CRMH nun comunicado, no que indicou que dita proposta, que foi rexistrada este venres, pide que o Concello herculino se incorpore á Rede de municipios polo acceso á Xustiza das vítimas do franquismo, tal e como se comprometeu, precisou o colectivo, en outubro de 2016 coa firma do manifesto municipalista de Pamplona.

En canto ás funcións dos citados organismos, a proposta da CRMH precisa que, entre outras cousas, deberán “elaborar informes para a eliminación da simboloxía franquista, recoller documentación sobre as vítimas e testemuñas da vulneración dos dereitos humanos durante a Guerra Civil e o franquismo, e participar na dignificación dos lugares da represión que serán convertidos en espazos da memoria”.

Como parte do Proxecto Cárcere, que está a traballar nunha proposta de recuperación do antigo cárcere provincial da Coruña, a CRMH suxeriu que a futura Oficina de atención ás vítimas se instale neste lugar.

 

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: