fbpx
Mámoa de Guilán, en Xove, unha das máis grandes de toda a Mariña lucense / Mariña Patrimonio
Mámoa de Guilán, en Xove, unha das máis grandes de toda a Mariña lucense / Mariña Patrimonio

Atopan un dos monumentos megalíticos máis grandes e espectaculares da Mariña

Tempo de lectura: < 1 min.

A asociación Mariña Patrimonio acaba de dar a coñecer a mámoa de Guilán, atopado recentemente na Rigueira, no Concello de Xove. Este monumento megalítico pasa por ser, segundo esta entidade, nun dos máis grandes coñecidos en toda a comarca da Mariña. Por iso, xa solicitou á Xunta a súa inclusión no catálogo de xacementos arqueolóxicos.

A mámoa atopada ten un diámetro de aproximadamente 30 metros e unha altura de 2,5 metros. Por iso, ao seu entender, as “monumentais dimensións” deste túmulo, o seu “bo estado de conservación” e o feito de “manter o dolmen” converten á mámoa de Guilán “nunha das máis espectaculares e importantes de toda a Mariña” lucense.

En paralelo á petición a Patrimonio, a aula de Formación do Concello de Xove acollerá o vindeiro sábado unha conferencia do arqueólogo Ignacio Vilaseco Vázquez sobre este monumento megalítico. Ademais, antes da conferencia, realizarase unha visita organizada a este xacemento e ao círculo de Lavandeira.

Escolma de imaxes do Dolmen de Guilán

Pode que che interese...