fbpx
Visita nocturna aos petróglifos de Campo Lameiro / PAAR

Cervos de Excalibur, o novo petróglifo descuberto no parque rupestre de Campolameiro

Tempo de lectura: < 1 min.

 

O  “Chan da Isca” ou a “Manda de cervos de Excalibur” é unha nova estación de petróglifos descuberta o pasado ano na contorna do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR). Non obstante, a súa presentación pública non se fará ata o vindeiro 8 de abril, baixo o formato de visita nocturna.

Unha das estacións de petróglifos de Campo Lameiro / PAAR

Ademais, o PAAR aproveitará esa xornada para realizar unha actividade formativa na que participarán os principais arqueólogos e investigadores da Arte Rupestre do noroeste de España. O curso de “Narrativas da Arte Rupestre galega” é unha escolma dos diferentes relatos creados polos investigadores arredor dos petróglifos de Galicia e o norte de Portugal.

Entre os conferenciantes están dous investigadores de universidades portuguesas: Manuel Santos Estévez (Universidade do Minho) e Lara Alves (Universidade de Coimbra); e outros tres das universidades galegas: Carlos Rodríguez Rellán (USC-GEPN), Roberto Vázquez Rozas (Universidade de Vigo) e Beatriz Comendador (Universidade de Vigo). Ademais de José Manuel Rey García (Director do PAAR), Antonio de la Peña (Conservador do Museo de Pontevedra) e o investigador Ángel Núñez Sobrino.

A participación no curso, que inclúe a visita nocturna ao petróglifo, máis a comida na cafetería do PAAR, custará 25 euros. Información e inscrición na em www.paar.es e para aclarar dúbidas no seguinte correo electrónico e teléfono: formacion@paar.es/886 151 195.

Pode que che interese...