fbpx
As plantacións de eucaliptos son un dos maiores perigos aos que se enfronta o megalitismo galego / inter.rev.foroactivo.com
As plantacións de eucaliptos son un dos maiores perigos aos que se enfronta o megalitismo galego / inter.rev.foroactivo.com

Conferencia sobre ‘O megalitismo’ en Marín

Tempo de lectura: < 1 min.

A Asociación Cultural Almuinha iniciará este venres o ciclo de conferencias ‘Francisco Carballo’ de Historia de Galicia coa charla ‘O megalitismo’, a cargo do arqueólogo Juan Carlos Castro Carrera, que terá lugar no Museo Manuel Torres de Marín.

Este ciclo de charlas sobre historia de Galicia levará o nome de Francisco Carballo para render unha “modesta homenaxe” a este marinense que “dedicou unha parte moi importante da súa vida ao coñecemento da historia de Galicia e á súa difusión”.

“Desde a nosa asociación partimos do convencemento de que o coñecemento do noso pasado, da historia do noso pobo, constitúe un elemento imprescindible para a comprensión do que somos hoxe e para entender o presente no que vivimos”, explicaron desde a A.C. Almuinha, que adianta que en próximas datas abordaranse outras cuestións de interese en relación á historia de Galicia.

Pode que che interese...