A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) recupera dous corpos de asasinados polo franquismo na Pobra do Brollón (Lugo) / ARMH

A CRMH organiza un Roteiro polos Lugares da Memoria na Coruña

 

Na Praza de Rafael Dieste da Coruña. Ese será o lugar de inicio do Roteiro polos Lugares da Memoria do barrio, unha iniciativa posta en marcha pola Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica para honrar aos represaliados no franquismo e homenaxear a figura de Rafael Dieste.

O roteiro terá lugar este sábado, 18 de marzo, e no inicio tomará a palabra o escritor Henrique Rabuñal, autor do traballo titulado “Rafael Dieste: a franqueza e o misterio “ (1995). A seguinte parada no Roteiro estará detrás do palco do Liceo de Monelos, ao principio do Parque de Oza, para lembrar a estancia nunha casa do barrio do guerrilleiro Benigno Andrade “Foucellas”, quen estivo alí agachado varios meses recuperándose dunhas feridas de combate.

De seguido, na Avenida Salvador de Madariaga intervirá Tino Fraga, director do Instituto José Cornide, institución que é depositaria dos fondos bibliográficos de Salvador de Madariaga. Para continuar o Roteiro, haberá unha parada diante do bar Trotamundos, en homenaxe á existencia alí da Escola Nacional de Monelos, onde impartía clases a mestra Mercedes Romero Abellá, salvaxemente torturada e asasinada polos franquistas. Para contar a súa historia, falará Ana Romero Masiá, historiadora e especialista na represión do franquismo ás mulleres na Coruña.

Seguirá logo o Roteiro cara a praza de Luis Seoane, onde intervirá Xosé Díaz, experto e coñecedor do propio Luis Seoane. E o Roteiro rematará na praza Casares Quiroga, onde o profesor universitario en historia contemporánea na UDC, Carlos Velasco, nos ilustrará sobre a figura do único coruñés presidente do Consello de Ministros da República.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: