fbpx
Gonzalo Méndez, comisario da exposición Mapas e Cartas de Vigo e de Galicia: séculos XVII ao XX, diante da obra de Domingo Fontán / Duvi
Gonzalo Méndez, comisario da exposición Mapas e Cartas de Vigo e de Galicia: séculos XVII ao XX, diante da obra de Domingo Fontán / Duvi

Dispoñible no visor do IET a Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán

Tempo de lectura: < 1 min.

Os afeccionados á cartografía xa poden disfrutar dende fai uns días, no visor de mapas do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, do visionado da Carta Xeométrica de Galicia elaborada por Domingo Fontán,  máis coñecida polo nome de “Mapa de Fontán”.

Domingo Fontán

Domingo Fontán

Ao  erudito galego, que foi matemático, xeógrafo, político e empresario, levoulle 17 anos confeccionalo utilizando o método científico e medicións matemáticas. Pasaría a ser, na súa época, o primeiro mapa dun territorio do Estado español con estas características. Grazas a esta versión do visor, apreciar e manexar o mapa de Galicia rematado en 1834 faise máis funcional, ao mesmo tempo que permite  combinalo con outros “mapas de fondo”, como o voo americano do 1956 ou a visión do terreo en series de ortofotos feitas dende o ano 2000 ata o ano 2014.

É de destacar o esforzo que desde o Instituto de Estudos do Territorio (CMAOT) se fai para implementar as novas ferramentas cartográficas que pon ao servicio da cidadanía.

Escrito por

Divulgador

Pode que che interese...