Galicia revive a Revolución Soviética de 1917 | Historia de Galicia
Un mitin de Lenin pouco despois do inicio da Revolución Soviética de 1917

Galicia revive a Revolución Soviética de 1917

Tempo de lectura: < 1 min.

Este 2017 cúmprense cen anos da Revolución Soviética, que marcou o devir político de todo o século XX ao crear un modelo político e social alternativo ao capitalismo imperante desde mediados do século XIX en todo o mundo.

Por este motivo, milleiros de persoas en todo o Estado Español decidiron unir esforzos para conmemorar “a vitoria das clases populares” nesa revolución. Por iso, constituíron a coñecida como Comisión de Outubro, unha entidade, din os seus impulsores, “apartidaria e independente”.

En Galicia tamén comezaron a organizarse para revivir esa revolución. Por iso convidan ao primeiro acto da Comisión da comarca de Valdeorras, que terá lugar este sábado, día 25, ás 19:30 horas, na Biblioteca Municipal da Rúa de Valdeorras.

Os interesados en contactar coa Comisión Nacional Galega poden poñerse en contacto con Luís no teléfono 607959535.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: