Réplica da nao Victoria, da Armada de Magallanes, a primeira en dar a primeira volta ao mundo con Juan Sebastián Elcano / youtube
Réplica da nao Victoria, da Armada de Magallanes, a primeira en dar a primeira volta ao mundo con Juan Sebastián Elcano / youtube

Queres visitar o barco no que Elcano deu a primeira volta ao mundo?

A nao Victoria era un barco de 27 metros de eslora e 7 de manga, que formaba parte da frota comandada por Fernando de Magallanes. Descubriu o paso por vía marítima a través do continente americano e foi o único do cinco barcos en completar por primeira vez a circunnavegación do globo ao mando de Sebastián Elcano.

E, desde este sábado, aquelas persoas interesadas poden ir visitar unha réplica exacta deste buque construída en 1992, para a Exposición Universal de Sevilla e que partiu para dar a súa primeira volta ao mundo en 2004.

Agora, Vigo será a primeira das súas escalas nunha nova singradura que durará case un ano e durante a cal atracará en portos de Francia, Reino Unido, Alemaña e Bélxica, tras saír de Cádiz.

A nave Vitoria foi un buque da primeira escuadra que a Monarquía Española enviou para descubrir as illas das especias. Unha escuadra coñecida no seu día como a ‘Armada da Especiería’ ou ‘Armada de Magallanes’ e que estaba composta por cinco barcos. A expedición concluíu coa primeira volta ao mundo (1519-1522), e foi este o único navío que completou o periplo con só 19 mariñeiros.

Quen queira visitar o buque poderá facelo ata o mércores de 2 a 7 da tarde. Os prezos para subir a bordo será de 1 euro para os nenos de 5 a 10 anos e 3 para os adultos. Máis información na fundacionvictoria.org

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: