Enfrontamento entre romanos e castrexos no Arde Lvcvs
Enfrontamento entre romanos e castrexos no Arde Lvcvs

O Arde Lvcvs, camiño de converterse nunha das grandes festas de España

O Arde Lvcvs vén de ser declarado Festa de Interese Turístico Nacional polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital. Unha distinción que chega logo de que esta festa conseguise atraer a centos de milleiros de visitantes e se convertese nun dos grandes eventos lúdicos do verán en Galicia.

Estes festexos de recreación histórica, que este ano se celebrarán os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo, xa foran declarados de interese turístico galego no ano 2011. Na pasada edición reuniron a máis de 600.000 visitantes.

“Hoxe é un día importante, non só para o Concello, senón tamén para todos os veciños e veciñas, pola súa implicación con estes festexos”; asegurou a rexedora de Lugo, Lara Méndez, ao dar conta da noticia. Pola súa banda, a responsable de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visiblemente emocionada por esta declaración, quixo agradecer “o gran traballo realizado por parte dos traballadores e traballadoras do Concello, de todos os voluntarios e voluntarias, dos medios de comunicación e, sobre todo, o labor que realizan todas as asociacións de recreación histórica do municipio e a cidadanía en xeral, que se involucran ano tras ano no Arde Lvcvs”.

A distinción, que se converte nunha oportunidade única e moi beneficiosa para a cidade, multiplica as potencialidades de Lugo e entronca coa decidida aposta do Goberno municipal polo turismo cultural.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: