Casa das Ciencias na Coruña / Galissia.com

O Concello da Coruña busca fórmulas para evitar a folga nos museos científicos

Tempo de lectura: 1 min.

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, manifestou que o goberno local está a buscar “fórmulas” que permitan abordar a problemática dos museos científicos coruñeses -tras finalizar a concesión da actual empresa e manterse nestes momentos prorrogada- e evitar, con iso, a folga convocada polos traballadores para Semana Santa.

Así, lembrou que o Consistorio herculino sacou “ata catro veces” o concurso para adxudicar os servizos, pero en todas elas quedou deserto. “Seguimos buscando fórmulas”, sinalou o alcalde, quen se mostrou “optimista” respecto da posibilidade de que poida desconvocarse a folga. Tamén avanzou que convocou aos traballadores a unha reunión a próxima semana.

Tamén dixo que na antiga Fábrica de Tabacos da Coruña haberá un museo dedicado ás cigarreiras, tras a proposta feita polo PP, pero instou aos populares a ser “rigorosos”.

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: