fbpx
Imaxes da aplicación phottic con fotografías da Costa da Morte

Unha aplicación web de fotografía revoluciona o patrimonio e a memoria social en Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

Phottic está revolucionando o patrimonio e a memoria social en Galicia e, principalmente, na Costa da Morte. Esta aplicación web, creada, precisamente na Costa da Morte e de uso gratuíto, xa supera os 50.000 seguidores que distribúen a través dela vellas fotografías que recuperan a memoria fotográfica de toda a comarca.

Pero en que consiste Phottic? Esta aplicación permite clasificar, ordenar, datar, xeolocalizar e documentar imaxes e compartir ese coñecemento co resto do mundo, evitando que se perda a nosa memoria social.

A startup Phottic alberga xa un importante número coleccións fotográficas promovidas por diversos concellos do país ou nacidas do traballo de recompilación de asociacións ou particulares. Na Costa da Morte son as entidades sociais as que están envorcando na rede, e é Carballo o único municipio que está traballando para recuperar o seu patrimonio inmaterial.

Xa hai máis de 15.000 fotografías antigas de toda Galicia. Tal e como apunta a web colaboradora QPC destacan as coleccións de fotos particulares subidas sobre a Costa da Morte como a da Asociación de Padres de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber), a de Mar de Paixón: Fútbol na Costa da Morte, ou a de Mar de Invernía, onde Héctor Pose nos leva de viaxe pola Malpica antiga.

Este proxecto de recuperación da memoria fotográfica, nace de tres empresarios costeiros: o corcubionés Jan Lamas, o carballés Manuel Pan, e o herculino-corcubionés Daniel Cerqueiro.

Pode que che interese...