Real Filharmonía de Galicia soará acompañada dun violoncelo de 1710
Actuación da Real Filharmonía de Galicia / Concello de Santiago

Música cun violoncelo de 1710 en Santiago

Un violoncelo de 1710 será o protagonista do concerto desta semana da Real Filharmonía de Galicia en Santiago. Un instrumento que tocará o alemán Alban Gerhardt para dar vida ao ‘Concerto para violoncelo nº 2’ do compositor austriaco Franz Joseph Haydn (1732-1809). O instrumento é un violoncelo Matteo Gofriller, un dos máis apreciados polos violoncelistas.

A cita terá lugar ás 20,30 horas deste xoves no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director titular e artístico da agrupación, Paul Daniel, segundo informa o Consorcio de Santiago.

Alban Gerhardt leva 25 anos “impactando no público de todo o mundo coa súa intensa musicalidade, a súa presenza no escenario e a súa insaciable curiosidade artística”, segundo indica o Consorcio. Entre os seus próximos recitais, actuará en Montreal no Konzerthaus de Berlín e na Biblioteca do Congreso en Washington. Levou a cabo proxectos de difusión por Europa e Estados Unidos, incluídas actuacións e obradoiros, non só en escolas e hospitais, senón tamén sesións pioneiras en diferentes espazos públicos e mesmo en reformatorios.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e premendo as teclas Ctrl+Entrar.

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: