fbpx
Escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego, obra de Domingo de Andrade / Consorcio de Santiago

Ábrese o proceso selectivo para cubrir 31 prazas de conservadores de museos

Tempo de lectura: < 1 min.

O Ministerio de Educación acaba de facer públicas as bases da convocatoria dun proceso selectivo para cubrir 31 prazas do Corpo Facultativo de Conservadores de Museos, polo sistema de ingreso libre e 4 prazas polo sistema de promoción interna.

O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de oposición para os aspirantes que se presenten pola quenda de ingreso libre e mediante o sistema de concurso-oposición para os aspirantes que se presenten pola quenda de promoción.

Este proceso incluirá a superación dun curso selectivo. Para a realización deste curso selectivo, os aspirantes que superasen as fases de oposición e de concurso, no seu caso, serán nomeados funcionarios en prácticas pola autoridade competente.

Segundo o establecido pola Oferta de Emprego Público do ano 2016, o primeiro exercicio da fase de oposición terá que celebrarse no prazo máximo de catro meses, contados a partir da publicación da convocatoria. A duración máxima da fase de oposición será de doce meses. Pódese consultar a convocatoria no BOE.

Pode que che interese...