fbpx
A garda pretoriana de Lugo desfila polas rúas da cidade / concellodelugo.gal

Cando Lugo era un gran castro que conquistaron os romanos

Tempo de lectura: < 1 min.

Lugo é a gran cidade romana de Galicia. As súas murallas romanas son Patrimonio da Humanidade e se coñece en todo o mundo pola súa herdanza romana. Sen embargo, nesta cidade, antes de romanos había un gran castro, cuxas cabanas acaban de saír á luz. Foi durante unhas escavación arqueolóxicas que se están levando a cabo no solar número 3 da Rúa Clérigos, nas proximidades da porta de Bispo Aguirre.

A teoría sobre a orixe castrexa de Lugo non é defendida aínda por todos os arqueólogos, aínda que nese solar foron atopados negativos das bases de cabanas castrexas, que serían de madeira, así como cerámica da época, segundo suliñou o arqueólogo Francisco Hervés, director da escavación.

Nos restos atopados, aprécianse formas circulares onde irían cantos rodados a partir dos cales arrincarían as estruturas de madeira, explicou o especialista en El Progreso. O feito de que ademais aparecesen moitos fragmentos de cerámica castrexa non deixa lugar a dúbidas sobre a época e o tipo de construción, cre Hervés.

Algúns investigadores como Joaquín Caridad Arias cren que Lugo érguese sobre un antigo emprazamento dun castro galaico. Foi arredor do ano 25 a. C, Caius Antistus Vetus, legado de Octavio Augusto na Tarraconense ao mando das tropas romanas que loitaban nas Guerras Cántabras, establece preto deste castro un campamento militar. Pero, ata o de agora, eran poucas as evidencias arqueolóxicas que sustentaran o pasado castrexo da “Lucus Augusti” romana. Non obstante, estas últimas escavacións poderían supoñer un xiro importante á historia da cidade.

Pode que che interese...