fbpx
Interior do Museo Marco de Vigo / Bluscus.es

A crise dos museos galegos, o caso do Marco de Vigo

Tempo de lectura: < 1 min.

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo ( MARCO) leva meses sumido nunha fonda crise. Unha situación que o seu director, Iñaki Martínez Antelo, ten denunciado en numerosas ocasións e que acaba de provocar que tire a toalla. El mesmo anunciou que deixará o seu posto en canto acabe o seu contrato ante a falta de apoios e escasos recursos.

Por iso, e ante esta situación, Asociación de Directores de Museos e Centros de Arte Contemporánea de España (Adace) reclamou este luns que haxa unha “transición profesional” na dirección do museo, e que este cambio se faga en base ao Documento de Boas Prácticas subscrito polo Goberno español en 2007.

ADACE admitiu a súa “gran preocupación” pola situación que vive o museo vigués e defendeu a traxectoria “impecable” do museo desde a súa apertura, en 2002, e eloxiou o traballo dos seus directores. Ademais, subliñou a importancia “estratéxica” deste centro de arte contemporánea “no ecosistema de museos e centro de arte de Galicia e de España”.

Transición profesional

Por iso, a asociación pediu que se faga unha “transición profesional”, seguindo o Documento de Boas Prácticas do 2007, e apostou por unha nova dirección “que preserve e profunde nas liñas de actuación desenvolvidas”, á vez que “velle pola autonomía que toda institución cultural de prestixio debe ter”.

Adace ofreceuse a asesorar “desinteresadamente” ao padroado da Fundación Marco sobre a continuidade deste proxecto cultural e artístico, “clave no Estado español”.

Pode que che interese...