O cruceiro da Porteliña de Bugarín, en Ponteareas, xa está no seu sitio

Os cruceiros tamén son parte da identidade galega

O cruceiro da Porteliña de Bugarín, en Ponteareas, xa está no seu sitio. Derrubado en febreiro de 2016, foi a segunda restauración que recibiu nos últimos tres anos. E iso grazas a perseveranza dos veciños que insisten en que ese cruceiro é parte da súa identidade colectiva. Por iso, o Concello de Ponteareas vén de restauralo, tras ser derrubado e ficar fragmentado. As causas probables son, ben o choque cun coche, ben un acto vandálico.

Colocación do cruceiro da Porteliña de Bugarín, en Ponteareas, tras a súa restauración

O cruceiro sufrira numerosas roturas en varios anacos, e quedou nun estado bastante lamentable, polo que foi a súa base a única parte que ficou en pé nese accidente. Non obstante, os técnicos da empresa BIC Materiales y Conservación, empresa especializada que foi a que levou a cabo o proceso de restauración, sinalaron que a base estaba medio levantada cando eles chegaron esta semana pasada, e indicaron que xa sufrira un segundo choque cun coche despois do derrubamento inicial.

Benito Márquez, concelleiro de Xestión e Protección do Patrimonio, visitou o cruceiro para asistir ao inicio das obras de restauración e a colocación definitiva deste. “Despois dun ano de tramitación e esperando os permisos necesarios, é unha boa nova que este cruceiro volva estar outra vez en pé. Agardamos que permaneza así durante moito tempo”, sinalou Benito Márquez.

O cruceiro da Porteliña está situado no pé do camiño entre o conxunto parroquial e casa grande, no lugar do mesmo nome. A obra ten un pedestal sen ornamentos, o varal é cadrado, cos bordos rebaixados e o capitel esférico, con detalles xeométricos, a parte máis antiga do elemento e a cruz é de sección rectangular.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: