fbpx
Presos republicanos galegos no campo de concentración nazi de Mauthausen

Os “infrahumanos” galegos que sufriron e morreron en Mauthasen polos seus ideais republicanos

Tempo de lectura: < 1 min.

‘Chucho’, Juan José Casal Chao, Víctor Ares Arias, Bernardo San Martín ou Vicente Criado Gabeiras foron algúns dos poucos sobreviventes galegos do campo de concentración nazi de Mauthasen no que morreron milleiros de republicanos que fuxiron de España tras a vitoria do fascismo.

O drama destes combatentes comezou coa derrota da República Española. Moitos fuxiron a Fracia pero a recepción por parte do seu goberno non foi boa; pois os republicanos son considerados esquerdistas perigosos. Agora ben, ao estourar a Segunda Guerra Mundial, o Executivo francés tirou dos refuxiados republicanos para realizar traballos detrás da primeira liña da fronte ou nas fábricas de retagarda.

Unha vez derrotada Francia, o exército nazi captura as compañías de traballadores estranxeiros. A maioría dos republicanos acabaron entón nos campos de concentración, destino tamén dos inimigos idelóxicos do réxime.

A historia destes republicanos galegos que acabaron nese campo para “infrahumanos” pode verse nesta reportaxe realizada por Xosé Abad e Sandra García Rey baseada na investigación do historiador Enrique Barrera:

 

Pode que che interese...