VI Asemblea Nacionalista en Monforte de Lemos, en 1922, cos membros das Irmandades da Fala / galipedia

Roteiros da memoria en Ferrol coas Irmandades da Fala

Ferrol coas Irmandades da Fala é a proposta dun novo roteiro da memoria para a recuperación e difusión da nosa propia historia e cultura. Esta actividade, que organiza de xeito gratuíto o Concello de Ferrol, a través do gabinete de Normalización Lingüística, terá lugar todos os sábados de abril con saída ás 17:00 horas desde a Praza de Amboaxe e con final no teatro Jofre.

Os roteiros principiaron este sábado, día 1 e repetiranse os días 8, 15, 22 e 29. Para participar, unicamente hai que anotarse no grupo do sábado no que se queira facer o roteiro e por dúas vías: no correo [email protected] ou no móbil 698 157 414.

Un pouco de historia…

No ano 2016 tivo lugar o centenario da fundación das Irmandades da Fala. En Ferrol foi o 15 de abril do 1917, de aí que co gallo dos 100 anos, o Concello aposte por retomar a organizar estes roteiros na primavera.

O roteiro está dividido en sete paradas temáticas, que percorren os lugares máis significativos nos que desenvolveron o seu labor: a Fundación da Irmandade, os lugares de Xaime Quintanilla (Irmán da Fala), o local de Toxos e Froles, a editora Céltiga (a primeira en galego) e o teatro.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e premendo as teclas Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: