fbpx
Vistas do Obradoiro desde o Pazo de San Xerome / USC

Un roteiro da USC descubre a outra faciana da Praza do Obradoiro

Tempo de lectura: < 1 min.

A Universidade de Santiago comezou esta semana unha nova experiencia de visitas guiadas ao seu patrimonio. Trátase dunha ruta curta que parte do Claustro de Fonseca e percorre o Colexio de San Xerome, sede da Reitoría, onde pode admirarse a Galería de Reitores, e remata cunha vista da Praza do Obradoiro desde o balcón do Salón Reitoral.

Esta visita, cun prezo único de 2 euros, terá unha duración de 20 minutos e será polas tardes, en horarios de 16.30, 17.00, 17.30 e 18.00 horas, de luns a venres.

Visitas Guiadas continúa co seu programa longo (que inclúe a Facultade de Xeografía e Historia) de hora e media de duración de luns a sábado ás 12.00 horas. Para máis información e compra de billetes: http://www.usc.es/es/info_xeral/visitaspatrimonio/.

Pode que che interese...