fbpx
Axudas para restarurar vivendas, libros antigos e roteiros patrimoniais en Santiago | http://elmundodelagestiondocumental.blogspot.com.es/
Biblioteca chea de arquivos catalogados | http://elmundodelagestiondocumental.blogspot.com.es/

A Xunta convoca axudas para mellorar os arquivos de Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

A Xunta convoca axudas por máis de 77.000 euros para a mellora dos arquivos de Galicia, a fin de garantir “unha custodia responsable” e o acceso da cidadanía aos documentos.

Segundo precisou o Goberno galego a través dun comunicado, a finalidade desta liña de subvencións é realizar actividades de descrición dos fondos documentais para favorecer a súa protección e difusión.

Así, os concellos e as entidades privadas sen ánimo de lucro que conten cun local estable dedicado a arquivo e custodien fondos documentais do patrimonio documental teñen ata o próximo 12 de maio para solicitar estas axudas.

A Consellería de Cultura poderá financiar ata un 80 por cento do custo do proxecto, cunha axuda máxima de 5.000 euros ou de 7.000 euros cando sexan solicitudes conxuntas.

Pode que che interese...