fbpx
Unhas das primeiras escavacións de Cidadela / flickr-Sindo Mosteiro

Queres realizar proxectos arqueolóxicos? Consulta as axudas para facelos

Tempo de lectura: < 1 min.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar no DOG do pasado 29 de marzo a convocatoria das axudas para realizar obras que afecten a un conxunto histórico, zona arqueolóxica, xacementos catalogados ou inventariados do patrimonio cultural de Galicia.

Os destinatarios son empresarios e persoas físicas sen ánimo de lucro que promovesen as intervencións arqueolóxicas na Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 30 de abril de 2017. Máis información na convocatoria do DOG.

Pode que che interese...