Virxe María do Conforto, na Pontenova, que foi mal restaurada por dous párrocos / C. Gavino-La Voz

Dous curas condenados a pagar 270 euros por restaurar unha imaxe relixiosa sen permiso

Querían darlle unha sopresa aos seus feligreses e os sorprendidos foron eles. Os curas que en 2014 exercían na Pontenova e Riotorto acaban de ser condenados a polo Xulgado do Penal 1 de Lugo a tres meses de multa a razón de tres euros diarios (270 euros) como autores dun delito por imprudencia contra o patrimonio histórico.

Virxe María do Conforto

Unha sanción que é moito menor a que pedía a Fiscalía por restaurar a imaxe da Virxe María que se venera no santuario de O Conforto (A Pontenova) sen os permisos pertinentes. Os dous relixiosos decidiron levar a imaxe a un canteiro de Lalín para incorporarlle un neno Xesús e non informaron do feito nin ao Bispado, nin a Patrimonio, xa que a imaxe está inventariada.

Un veciño que visitou a igrexa e viu que se atopaba sen a Santa decidiu poñer unha denuncia e as protestas veciñais fixeron o resto. Aos feligreses non lles gustou nada a actitude dos dous curas e realizaron numerosas protestas para que foran trasladados. Finalmente, o Bispado decidiu trasladalos e Patrimonio tomou cartas no asunto valorando os danos en 2.267 euros.

A peza, de pedra e con brazos articulados e outros engadidos de madeira, aparece inventariada na listaxe de bens da Igrexa do Ministerio de Cultura. O avogado de ambos os acusados, Luís Rego, sinalaba en La Voz que tras o acordo”. “Actuouse de boa fe, tratando de rehabilitar unha peza burdamente seccionada fai corenta anos para vestirlle un traxe. E este home -o cura de Conforto- para darlle unha sorpresa aos seus fregueses optou por levala a restaurar para devolvela á integridade, sen pedir autorización a Patrimonio”, indicaba.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: