Facultade de Xeografía e Historia da USC / santiagoturismo.com

Existe revolución na Historia?

O termo e concepto ‘revolución’ empregouse de moi distintas maneiras na construción da historia ao logo dos séculos, servindo de descritor de situacións moi diferentes que se refiren a episodios de transformación radical dunha realidade determinada nun tempo breve. Vincúlase con acontecementos políticos independentemente da ideoloxía, con transformacións sociais clave no desenvolvemento da humanidade e tamén cos cambios de transcendencia significativa no cultural ou tecnolóxico.

Precisamente a reflexionar sobre o concepto de revolución, os seus significados ao longo da historia e a súa evolución é ao que se dedica o número 28 da revista Sémata. Ciencias Sociais e Humanidades que coordinan nesta ocasión os investigadores da USC Eduardo Tristán, do grupo HistAmérica, e Israel Sanmartín Barros, de Historia Medieval.

O volume ‘La Revolución en la Historia. Conceptos, usos y debates’ presentouse este martes na Facultade de Xeografía e Historia nun acto no que os coordinadores explicaron que na actualidade a ‘revolución’ se asocia sobre todo aos conceptos de ámbito cultural ou tecnolóxico mentres que parece ter perdido peso –“úsanse sinónimos ou evítase”– na explicación de transformacións políticas significativas, como as recentes primaveras árabes.

Á presentación asistiron, ademais dos responsables da edición, o decano da Facultade anfitrioa, Francisco Durán; a directora da revista, Marta Cendón; e o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan L. Blanco.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: