Muralla romana de Lugo / senmais.com

Fisuras e humidades en varios cubos da Muralla de Lugo

A Xunta de Galicia investirá 258.000 euros nas actuacións previstas nos cubos 70 e 71 da Muralla de Lugo nos próximos meses, que presentan humidades na base e varias fendas de trazado vertical, que estaban a ser controladas desde hai anos.

As seguintes actuacións serán as obras de restauración dos cubos 19 e 80 situados nas proximidades de Porta Miñá e preto da porta de San Fernando, respectivamente. O orzamento de licitación ascende nestes dous casos a 446.000 euros divididos en dúas anualidades. Estes cubos presentan fisuras que favorecen as filtracións de auga que afectan á súa estabilidade. A intervención no 80 é similar á descrita para os cubos 70 e 71, mentres que no 19 reconstruirase o muro de laxa.

Fenda nun dos cubos da Muralla de Lugo/ BNG

Os cubos 70 e 71 presentan humidades na base e varias gretas de trazado vertical, que estaban sendo debidamente controladas. A proposta de intervención consiste no baleirado dos cubos demolición das lousas de formigón, execución dun novo sistema estrutural a base de muros e contrafortes de lousa e novo pavimento de acabado.

Os cubos 19 e 80 tamén presentan fisuras que favorecen as filtracións de auga que afectan á súa estabilidade. A intervención neste último é moi similar á xa descrita nas outras zonas de actuación, mentres que no cubo XIX prevese a reconstrución do muro de cachotaría de lousa e a súa impermeabilización.

Proxecto

A proposta de intervención do arquitecto José Ignacio López de Rego consiste en baleirar os cubos, derrubar as laxas de formigón e executar un novo sistema estrutural a base de muros e contrafortes de laxa, ademais dun novo pavimento. Durante os traballos de conservación, que se efectuarán nos próximos meses e antes de que conclúa 2017, reducirase á metade o espazo do adarve a disposición dos usuarios da Muralla.

Así mesmo, Cultura executará no que resta de ano as tarefas de conservación preventiva necesarias para a Muralla e os tratamentos fitosanitarios que correspondan. Con todo, están restrinxidos os traballos, xa que chegaron os primeiros exemplares de aves que aniñan no monumento durante a primavera.

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e premendo as teclas Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: