fbpx
Cruz de tipo celta no monte de Santa Tegra, na Guarda / galiciacelta.com

Galicia, un referente da cultura celta que une a galegos e portugueses

Tempo de lectura: 2 min.

A herdanza celta de Galicia, ou cando menos a percepción social e cultural de que foi e é unha nación celta, segue sendo un importante atractivo para Galicia. Ese vinculo celta foi o que destacou a autora portuguesa Hélia Correia, premiada como ‘Escritora Galega Universal’ este ano por parte da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

Nun encontro coa prensa celebrado este venres en Santiago de Compostela, Correia considerou que non existe “unha fórmula” que describa o agradecemento por ser considerada “escritora galega” polos seus “irmáns” de Galicia, a quen considera parte da súa familia e da súa mesma cultura celta.

A escritora portuguesa Hélia Correia / http://www.mariajoaocantinho.pt/

Unha relación “cimentada e interiorizada” que se retrotrae, segundo destaca, á “mesma fonte” e aos “mesmos devanceiros” que comparten a cultura portuguesa e a galega, onde está a “presenza da Galicia celta”.

“A miña cultura, a miña Galicia, é esencialmente celta”, reiterou, sinalando que lembra a “encantadora” impresión que lle deron as Cantigas de Amigo, “non só un prodixio da beleza máis simple e matricial”, senón “un prodixio literario” con capacidade de autonomía e “estilo propio” fronte ao “dominante”, o trovadoresco francés.

O “universo celta”

“O universo celta é o meu universo primordial e por tanto as pontes de encontro -con Galicia- son moitas”, insistiu. A pesar diso, recoñece que non ten “ambición social ou de prestixio” pola obtención de galardóns como o Prémio Camões, que recibiu en 2015, do mesmo xeito que na súa vida só entra xente “pola porta da amizade”.

“A miña ambición é chegar ao texto e amar o texto que creo. A partir de aí, o resto está fóra do meu mundo”. Neste sentido, valorou que o galardón da AELG lle fixo “feliz” por tratarse dun recoñecemento trasladado por “persoas” a quen considera os seus “amigos”. Un premio que dedicou, precisamente, a Fran Pérez ‘Narf’, un “querido amigo” con quen compartiu “poucos momentos”, pero “moi especiais”.

Pode que che interese...