fbpx
Nenos participantes de Lugo nos Xogos Romanos das Cidades Augusteas da Gallaecia / Concello de Lugo

Lugo, preparada para os III Xogos Romanos das Cidades Augusteas da Gallaecia

Tempo de lectura: < 1 min.

Lugo xa está preparado para disputar os III Xogos Romanos das Cidades Augusteas da Gallaecia en Astorga. A fase luguesa disputouse este domingo, no MIHL, nunha cita na que participaron ao redor de 70 cativos e cativas de 9 colexios do municopio, ademais dunha representación de ASPNAIS. Esta actividade, tal e como informa o concello, enmárcase na programación do Lvcvs Cvltvral, organizada polo Concello en colaboración coas asociacións de recreación histórica da cidade, co obxectivo de quentar motores para o Arde Lvcvs. Coas competicións celebradas ao longo desta mañá, Lugo xa ten representación para disputar en Astorga o encontro, que terá lugar o sábado, 3 de xuño.

Os Xogos Romanos, dirixidos aos centros educativos, favorecen o razoamento lóxico matemático, o afianzamento da concepción espacial e a introdución de conceptos como a identidade histórica e o patrimonio cultural dos participantes. Engloban tres xogos de taboleiro: o Ludus Latrunculorum, o xogo do soldado; o Merellus, o xogo do muíño e o Seega.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e os concelleiros de Educación, Cultura e Benestar Social, Manuel Núñez, Carmen Basadre e Ana González, respectivamente, entregaron os premios aos gañadores e gañadoras da fase luguesa; Andrés Permuy (Rosalía de Castro), Antón Santiago (Paradai), Torahi Anllo (Paradai), Romi Amel (Paradai), Diego López (Rosalía de Castro), Akran Rhamoudi (Paradai), Alejandro Martín (A Milagrosa), Xoel Prado (Paradai) e Alejandro Manuel (Salesianos). Ademais todos os participantes recibiron un diploma.

Pode que che interese...