fbpx
O historiador Xoán Martínez Tamuxe /noticiasorosal.es

Merecido recoñecemento ao historiador Xoán Martínez Tamuxe

Tempo de lectura: < 1 min.

O goberno local de Ponteareas ven de nomear a Xoán Martínez Tamuxe, historiador, arqueólogo e investigador, como pregoeiro do Corpus Christi 2017. Natural do Rosal, viviu vinculado a Ponteareas a través da súa traxectoria profesional desempeñando a súa labor como profesor en distintos colexios e academias da vila.

Premio Literario I Certame Xornalístico da Cidade de Tui (1973), Tamuxe foi correspondente e colaborador dos xornais El Pueblo Gallego, La Hoja del Lunes, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, A Peneira, etc., así como correspondente de Radio Popular de Vigo en Baiona.

Colaborador, así mesmo, das revistas do Museo de Pontevedra, Museo e Arquivo Histórico Diocesano de Tui, Pontevedra Arqueolóxica, Pregón e Soberosum de Ponteareas, etc. Dende 1987 é o director do Boletín Informativo Municipal do Rosal, así como da colección Memoria da Festa do Cabaqueiro.

En 1996 a Agrupación Cultural Guardesa dedicoulle o Día das Letras Galegas en homenaxe a súa traxectoria histórico-literaria no Baixo Miño.

Exerceu como profesor en colexios e academias de Ponteareas, A Guarda e Baiona. Cofundador do Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño (1968), do Museo e Arquivo Histórico Diocesano de Tui (1974), da Biblioteca, Museo Etnográfico e Boletín Histórico Cultural do Concello do Rosal, así como do Instituto de Estudios de A Paradanta y Condado do Tea (2003).

É membro do Instituto Padre Sarmiento (Sección de Arqueoloxía) de Santiago de Compostela (1979), da Asociación Colegial de Escritores de España (1982), Grupo de Arqueoloxía Alfredo García Alén de Pontevedra (1983), membro colaborador do Departamento de Prehistoria da Universidade de Santiago (1984). Dende o ano 2007 é o presidente do Instituto de Estudios Tudenses.

Pode que che interese...