fbpx
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) / xunta.gal

O CGAC celebra con outros centros composteláns o Día Internacional dos Museos

Tempo de lectura: < 1 min.

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) programa, en colaboración con outros centros da cidade, distintas actividades para conmemorar o Día Internacional dos Museos, que inclúen visitas guiadas especiais tanto ás exposicións como á arquitectura e á historia do edificio.

Ao longo de toda a semana, o público poderá ver a peza de Jorge Barbi ‘O final aquí’ (2003-2008), que pertence á colección do CGAC. Esta obra ten un sentido simbólico e unha carga histórica e dramática que a vinculan ao lema deste ano do ICOM: ‘Museos e historias controvertidas: dicir o indicible nos museos’.

O día 18, no marco dunha acción colectiva e emulando os sinais que indican a localización dos lugares de interese da cidade, os Museos de Compostela contarán co seu propio indicador para visibilizar, a pé de rúa, onde se atopan e a programación que ofrecen ao público.

O venres 19, ás 19,00 horas, terá lugar un concerto de Vertixe Sonora Ensemble, que interpretará pezas do compositor Ramón Souto. Xa na fin de semana, os días 20 e 21 de 11,00 a 13,00 horas, terá lugar unha nova edición dos ‘Talleres para familias’, que nesta ocasión estará dedicada á figura de Marina Abramovic.

Pode que che interese...