fbpx
Cidade da Coruña en 1900

Os barrios da Coruña queren preservar a súa historia cun Arquivo da Memoria

Tempo de lectura: < 1 min.

Pantasmas de Oza é un proxecto da Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros para implicar a veciñanza na construción do relato histórico do barrio arredor da antiga parroquia de Oza. O obxectivo é crear un Arquivo da Memoria con fotografías, documentos e testemuñas que recollemos nas Festas da Memoria.

Ademais de documentalos, situarán sobre un mapa os lugares, edificios e persoas deparecidas e que marcaron a historia do barrio. Ese relato histórico en construción pode consultarse na web http://www.pantasmasdeoza.com onde tamén se inclúe un roteiro polos puntos mais simbólicos desta memoria durmida.

Ademais, este xuño celebran as Festas da Memoria. Este é o programa:

03 xuño 2017. Rúa Gaiteira

PANTASMAS DA GAITEIRA ” O LIMITE DA CIDADE “

11:00 Apertura

12:00 Conversa con Ángeles Huerta, Rubén Ventureira e Ana Romero

19:00 Proxección ” Lembranza de Oza “

20.00 Actución de Xebre

10 xuño 2017. Mirador dos Castros

PANTASMAS DOS CASTROS ” O NOVO BARRIO “

11:00 Apertura

12.00 Conversa co Xosé Castro. Xosé Luis Martinez .Mario novoa e José Manuel Gutiérrez

19:00 Proxección documental ” Na lembranza de Oza”

20:00 Concerto acústico de Silvia Penide

18 xuño de 2017. Faro de Oza

PANTASMAS DE OZA “NOSTALXIA DA AREA

11.00 Apertura

12.00 Conversa con Jose Mª Monterroso e Xurxo Souto

13:00 Sesión de vinilos con Jass Processor

14:00 Xantar popular

17.00 Proxección documental ” Na lembranza de Oza “

18:00-20:00 Sesión de vinilos con Jass Processor

ACTIVIDADES PARALELAS

31 maio 2017 Parque de Oza

10:00 Roteiro con escolares

05 xuño Fórum

19:30 Proxección de películas rodadas en 19 :30 por Foto Blanco: ” O Sanatoriso de Riazor” . A praia de Riazor ” e ” A chegada do hidroavión Dornier “.

Pode que che interese...