Teixadal de Casaio / aculturaviva.com

Piden declarar Parque Natural o Teixadal de Casaio, onde estivo o campo de concentración máis grande de Galicia

O Teixadal de Casaio é un pequeno bosque de teixos situado na parroquia de Casaio no municipio de Carballeda de Valdeorras (Ourense) e destaca por ser un dos poucos bosques naturais de teixos existentes en Europa. E moi preto desta fermosa paraxe tamén se atopa o que foi o maior campo de concentración de presos republicanos de Galicia.

Actualmente, o bosque forma parte da Zona de especial protección dos valores naturais de Pena Trevinca, na confluencia de Ourense, León e Zamora e onde se sitúan as montañas máis altas de Galicia. Non obstante, e a pesar da súa singularidade non ten unha protección especial para os arredor de 300 teixos, a maioría deles centenarios, que conviven con outras especies como acivros, abeleiras, ou freixos.

Por iso, a deputada de En Marea Ánxeles Cuña realizou este mércores unha visita ao espazo ourensán do Teixadal de Casaio, para reivindicar a necesidade de protexer este “tesouro ecolóxico” a través da súa declaración como Parque Natural. Así, Cuña destacou o “altísimo valor” deste espazo “non só para Galicia senón a nivel europeo” e mostrou a súa preocupación ante a posibilidade de que se estrague o que cualificou como unha “xoia única en Europa”.

Instalacións das minas de Casaio nos anos 40, cando había un destacamento pena republicano traballando alí / mve2gm.es

Por este motivo, En Marea reclama por parte da Xunta de Galicia unha “maior implicación na súa protección” e acabar coa “invisibilidade actual” do espazo. “Os incuestionables valores antropolóxicos, etnográficos, e culturais que fan do Teixadal de Casaio unha parte da nosa historia, avalan a petición de ser recoñecido como Parque Natural”, subliñou.

Campo de Concentración

En Casaio, a máis de 1.200 metros, tamén estiveron situadas unha das minas de wolframio máis importantes de Galicia. E tamén un dos campos de concentración máis grandes de Galicia e un dos máis duros. Alí, case medio milleiro de presos republicanos tiveron que purgar as penas traballando gratis e en duras condicións. Eran os escravos dos réximes fascistas de Hitler e Franco.

O gran período das minas de Casaio coincidiu co terror franquista e nazi. Desde setembro de 1942, até o seu peche a principios de xullo de 1944, neste destacamento, situado nun dos puntos máis orientais de Galicia, redimiron penas polo traballo 463 penados, todos eles excombatentes republicanos na Guerra Civil, procedentes de case toda a xeografía española, que foron condenados a 20 ou 30 anos.

Tal e como xa publicou HdG, un interesante libro de García Tato narra as dificultades que estes republicanos tiveron que padecer neste campo. Pero tamén a “euforia” xerada polo desembarco de Normandía e as noticias que, dificilmente, chegaban ao lugar a través da onda curta e que provocou a supresión do destacamento, ante o perigo “dunha gran evasión”.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e premendo as teclas Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

  • Alberto Gil Vázquez

    Si ya casi no queda Teixedal… Los incendios lo cercan todos los años… Ahora sólo le falta que “hordas” de Turistas Masivos lo profanen con su griterío, creen sendas por doquier, y lo llenen de basura…

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: