Castro de San Lourenzo, en Cereixa, Pobra do Brollón, despois de ser escavado

Un documental sobre unha escavación na Pobra do Brollón gaña o II Festival de Cine Arqueológico de Castilla y León

As pedras de San Lourenzo”, un proxecto de arqueoloxía en comunidade da Pobra do Brollón, acaba de gañar o Viriato de Ouro, na categoría documental do II Festival de Cine Arqueológico de Castilla y León, celebrado en Zamora esta fin de semana e organizado por Zamora Protohistórica.

O documental, dirixido por Manuel Gago, con fotografía de Sole Felloza, narra oque un equipo de arqueólogos dirixidos por Xurxo Ayán, realiza no castro de San Lourenzo, na parroquia de Cereixa, na Pobra do Brollón.

Na cinta crúzanse as historias de diferentes veciños con vínculos no castro coa voz dos científicos. Na categoría das curtametraxes gañou “El reino de la Sal. 7000 años de Hallstat”. Os Viriatos de prata (segundos clasificados) quedaron para o ducmental “Manos del pasado”, da Dirección Xeral de Bibliotecas de Extremadra e “Quivira conquistadors”, do norteamericano Teal Greyhavens.

Este é o documental gañador:

Fonte: Culturagalega.org

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: