fbpx
Experimentos químicos para superar a alquimia

Cando a alquimia desapareceu e xurdiu a química en Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

O século XIX foi clave no desenvolvemento da química en Galicia, con numerosos estudos e científicos que tentaron achegar luz sobre un nova ciencia. Precisamente, o Consello da Cultura Galega acaba de documentar nun libro os comezos da química en Galicia.

As teorías científicas transformáronse en rendementos económicos no campo da agricultura, con produtores máis sabedores da produtividade vexetal que lles permitiu aumentar os rendementos da terra; tamén na industria, coa mellora dos antigos obradoiros artesáns, así como no eido da saúde humana; todo isto influíu no benestar das sociedades que acadaron niveis nunca conseguidos.

Sobre esta época trata o volume Os comezos da química moderna en Galicia e a súa proxección no século XIX. Bicentenario da fundación do Colexio de Farmacia de Santiago de Compostela (1815-2015), que presentou esta semana o Consello da Cultura Galega e a Academia de Farmacia de Galicia.

A publicación estará dispoñible para descarga en http://consellodacultura.gal/libros.php