fbpx
Embarcacións en Vilagarcía sobre o 1915 / patrimoniovilagarcia.net

Combarro, o gran escaparate das embarcacións tradicionais

Tempo de lectura: 2 min.

A localidade de Combarro, en Poio, acollerá a décimo terceira edición do Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia levará a cabo do 29 de xuño ao 2 de xullo na localidade de Combarro (Poio, Pontevedra).

Trátase dun evento que concentrará unhas 150 embarcacións, que se “exhibirán para goce do público visitante”, tal e como mencionaron desde a fundación organizadora; e que estima uns 100.000 visitantes, de acordo ao concelleiro de Turismo do Concello de Poio, Xosé Luís Martínez Blanco.

Ao mesmo tempo, “nos espazos portuarios e prazas públicas desenvolveranse diversas actividades culturais e de lecer dirixidas todos os participantes e visitantes como exposicións, talleres, mostras artísticas e actuacións musicais”, indicou a organización.

Nesta nova edición, o Encontro trae varias novidades, como a inclusión de actividades destinadas a persoas con deficiencias físicas e psíquicas, segundo explicou García Sendón. Ademais, este evento inclúe a posibilidade de poder navegar nalgunhas das embarcacións. Será durante o sábado e domingo e será necesario comprar un billete, que se pode adquirir en info@bluscus.es

Tamén están programadas diferentes visitas guiadas, encontros, ‘miniferia’ de artesanía, recitais de poesía, presentacións de publicacións e un encontro infantil, que cada día organizará actividades para os máis pequenos. Entre as actuacións musicais programadas estará Susana Seivane, Agoraphobia, Champurrada, Caxade e O Sonoro Maxín.

Acordo

Por outra banda, a Xunta colaborará cun total de 58.000 euros coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) co obxectivo de promocionar o patrimonio tanto cultural como histórico do mar de Galicia.

Así se estableceu durante este sábado no acto de presentación do XIII Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia, no que a conselleira de Mar, Rosa Quintana, asinou dita colaboración co presidente da Federación, encargada da organización do encontro, Manuel García Sendón. En concreto, a Consellería de Mar destinará 46.000 euros, mentres que Cultura e Educación colaborará cun total de 12.000 euros.

Pode que che interese...