Camiñata na Serra do Xistral / Roteiros Galegos

Como poñer en valor o patrimonio da Rede Natura

A Unión Europea acaba de premiar cun novo proxecto Life a un proxecto para poñer en valor os recursos e o patrimonio dos espazos rede natura. Trátase do estudo Xestión en común da terra, un modelo de conservación e desenvolvemento rural en Zonas Especiais de Conservación, que a Deputación de Lugo elaborou en colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela e da Coruña.

É un proxecto por valor de case 2 millóns de euros, dos que a Unión Europea achega o 75%, (1,4), e Deputación e Universidades o 25% restante (500.000). Os obxectivos principais deste proxecto son a conservación de hábitats naturais, e mellorar a produción e o aproveitamento que fan os veciños dos seus montes.

Esta iniciativa realizarase nos montes veciñais da Serra do Xistral, é dicir, en espazos dos Concellos de Abadín, Muras, Ourol, O Valadouro e Viveiro. Contará coa participación directa dos veciños, pois cada un das medidas que se acorden poñer en marcha serán acordadas polos usuarios destes espazos. O período de implantación das medidas participativa é de 5 anos.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: