Reconstrución do mosaico de Batitales (Lugo) con busto de Neptuno entre grandes peixes negros (golfiños) / www.lugo.gal

Decoración romana e castrexa nos establecementos de Lugo

O Concello de Lugo ten aberto o prazo de inscrición para participar no III Concurso de decoración de escaparates e establecementos do Arde Lvcvs 2017. Este certame foi posto en marcha pola entidade local en colaboración coa Federación de Comercio de Lugo para promover entre os establecementos da cidade a decoración con matices romanos e castrexos, facendo máis atractivos os locais.

Todos os establecementos comerciais que se atopen no termo municipal de Lugo interesados en participar poden inscribirse de xeito gratuíto ata o 12 de xuño a través do teléfono 010 municipal. O premio será de 600 euros.

Segundo informa o Concello nun comunicado, a decoración deberá estar rematada antes do día 16 de xuño, xa que a partir desa data o xurado procederá á súa comprobación, debendo de permanecer decorados ata o 2 de xullo, último día destes festexos de recreación histórica.

O xurado estará integrado por un fotógrafo, un decorador e un escaparatista, que valorarán os materiais empregados, a dificultade do proceso de elaboración, a orixinalidade, o emprego de elementos da propia actividade e a ornamentación e a vistosidade do traballo.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: