fbpx
Recreación dun poboado da Edade do Bronce en Campolameiro / paar.es

Estudan realizar en Pontevedra un pequeno parque temático da Idade do Bronce

Tempo de lectura: < 1 min.

A Comunidade de Montes de Salcedo, no Concello de Pontevedra, ten enriba da mesa un proxecto para dinamizar os seus terreos. Ademais da esplotación forestal, está desenvolvendo unha serie de iniciativas coas que tenta promocionalos como lugar de recreo e, ao mesmo tempo, protexelos como espazo natural e patrimonial.

Esta comunidade xa é pioneira na posta en marcha doutras iniciativas de defensa e posta en valor do patrimonio, especialmente, petróglifos. Por iso, encargouselle á empresa ‘A Citania. Arqueoloxía e xestión do patrimonio’ a elaboración dun proxecto específico para a creación dun espazo didáctico e de divulgación que consiste na réplica dun poboado da Idade de Bronce, da mesma época na que foron realizados os gravados rupestres

Poboados semellantes a este xa existen no Parque Rupestre de Campolameiro, onde se realizan actividades didácticas, sobre todo para escolares, de como era a vida en Galicia hai 4.000 anos.

Esta entidade de montes, en colaboración coas de Lourizán e San Xulián (Marín), xa puxeron en marcha hai uns anos o proxecto denominado Espazo natural e arqueolóxico de Sete Camiños. Neste proxecto, os comuneiros de Salcedo puxeron en valor os petróglifos de Outeiro da Mina, unha iniciativa que se complementou cunha programación de actividades como, por exemplo, saídas ao campo e camiñadas nocturnas.

Pode que che interese...