fbpx
Recreación de Xullo César comandando o Exército Romano / acercatealassociales.blogspot.com.es/

Foron os romanos os que explotaron a viticultura na Ribeira Sacra?

Tempo de lectura: 2 min.

“Viñedos romanos volven activarse na Ribeira Sacra”. Este é o titular dun artigo aparecido hai uns días no xornal británico The Independent no que se describen as dificultades que existen para facer viño nunha das zonas máis fermosas –pero máis complicadas– para cultivalo en Galicia.

Paixase da Ribeira Sacra / turismo.gal

Durante a reportaxe, o xornal británico destaca a idea de que foron os romanos os que trouxeron o viño á Ribeira Sacra. “As primeiras persoas que fixeron viño aquí foron os romanos”, indica. “Hai dous mil anos, o exército Romano traballou estes mismos lugares. Construíron os socalcos de pedras que hoxe están sendo restaurados para continuar coa tradición”, indica.

E continúa o xornal británico; “chuviosa e verde, Galicia foi incorporada ao Imperio Romano durante o reinado de Augusto, arredor do 29-11 AC”. Unha chegada a esta zona, continúa, para “aplacar a sede das tropas que traballaron a mina máis grande da época, As Médulas, no veciño Bierzo”.

“Crearon a súa industria propia. Nos montes non había socalcos. Foron eles os que as construíron nos canóns empinados do Sil e do Miño”, recolle. A reportaxe The Independent tamén indica que estas viñas foron abandonadas nas “Idades Oscuras” –sen aludir exactamente á epoca, aínda que se supón que durante as invasións xermánicas, normandas e mouras–. “Logo os monxes instaláronse novamente no val e volveron reprantar o viñedo”, destaca.

Con todo, esta teoría non é aceptada por algúns arqueólogos que indican que foi durante a Época Medieval cando realmente se pode falar dunha industria vitícola na zona, polo que sería os monxes e as distintas ordes monásticas, as que realmente crearon a tradicional paisaxe da Ribeira Sacra que coñecemos hoxe. Así, indican que o da “orixe romana” só é un “reclamo turístico máis que real”.

Despois, a reportaxe destaca a importancia e a calidade destes caldos galegos, a dificultade para elaboralos e recolle as testemuñas de varios adegueiros da zona.

Pode que che interese...