Reconstrución dunha vivenda castrexa no Castro de Santa Trega / turismo.gal

KaleidoScape, o museo virtual feito por estudantes de Secundaria

O Museo Virtual de KaleidoScape xa está en marcha. Trátase dun sistema web deseñado para que alumnos galegos de ensino secundario constrúan coñecemento sobre o patrimonio cultural de forma colaborativa e incrementábel.

O sistema utiliza CHARM (Cultural Heritage Abstract Reference Model) como marco conceptual e está aloxado polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), do CSIC Galicia, como proxecto experimental. Tal e como informa o xornal Galicia Confidencial, a parte pública de KaleidoScape constitúe un museo virtual que exhibe os contidos creados por alumnos de 12 e 13 anos en relación ao patrimonio cultural da súa zona, incluíndo textos, imaxes, sons, vídeos, itinerarios e outros contidos.

A información se que ofrece é elaborada polos estudantes e se amosa tal cal sen supervisión profesional e os contidos son propiedade dos seus respectivos autores tal e como se declara ao pe de cada ítem. Máis en GC.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: