fbpx
Casco Vello de Pontevedra / Pontevedra Viva

Novo premio ao Concello de Pontevedra pola recuperación do seu centro histórico

Tempo de lectura: < 1 min.

A Asociación Española para a Xerencia dos Centros Urbanos (Agecu), que agrupa a presidentes e xerentes de asociacións de comerciantes de todo o país, premiou a Pontevedra por recuperar o centro histórico da cidade e convertelo nun exemplo internacional neste tipo de actuacións urbanas.

Este recoñecemento, segundo a responsable de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, volve a dar “a razón” ao Consistorio ao confirmar que calquera intervención no espazo público “non só é boa para a cidade senón que tamén incentiva a actividade económica” asegura a cohesión social, ademais de achegar diversidade e singularidade á experiencia das cidades.

O Concello recollerá o recoñecemento o 10 de xullo en Valencia e terá ao carón á Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental, que apoiou desde o primeiro momento o proxecto de transformación urbana. Pontevedra estará acompañada doutras cidades que tamén foron galardoadas nesta ocasión, como Liverpool, Valencia, Barcelona ou Málaga.

A AGECU é unha entidade que naceu en 1999 coa finalizar de contribuír a dinamizar e mellorar a competitividade e o atractivo dos centros urbanos das cidades que teñen unha identidade e un carácter predominantemente comercial, apostando por un modelo de cidade sustentable, pensada para as persoas e vibrante, segundo reza a súa páxina web.

Pode que che interese...