Faro Vilán, de noite / farovilan.com

Os faros, os vixías do mar

Galicia non se podería entender sen a súas costas, e as costas sen os seus faros, os vixías do mar. Precisamente, a sede do Museo da Construción Naval de Ferrol, que xestiona a Fundación Exponav, alberga desde esta semana unha exposición denominada ‘Faros, 2.000 anos Guiando aos Navegantes’, cunha colección histórica de sistemas de axuda á navegación que percorre boa parte da historia marítima deste país.

A través das 100 pezas aquí instaladas, a mostra busca que os visitantes coñezan a orixe e a evolución dos faros. Entre o material exposto destacan sistemas de aceso de faros, maquinarias de reloxaría, ópticas de cristal de roca, bucinas de sirenas, un radio faro e ata sete maquetas.

A mostra salienta polo seu gran tamaño, unha aboia de aceiro, de máis de nove metros de altura, que durante anos estivo situada na Punta de San Martín, sinalando o veril da canle de entrada á ría de Ferrol.

Entre as máis antigas, está exposta a óptica orixinal do faro de Punta Estaca de Bares, situada en Mañón (A Coruña), instalada no ano 1850 e que foi considerado un punto estratéxico para a navegación no Plan Xeral da Iluminación Marítima dos Portos e Costas de España e Illas Adxacentes de 1847.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: