Santa Eulalia de Bóveda / xunta.gal

Os segredos do inicio do cristianismo en Galicia ao descuberto

O Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo acaba de abrir as súas portas logo de máis de tres anos de obras. Unha reapertura que volve poñer de actualidade os principais segredos do cristianismo en Galicia. E o certo é que entre as preto de 4000 pezas que se atopan no seu interior, destacan pezas valiosisimas para entender como foi o primeiro cristianismo galego.

Crismón de Quiroga / Museo Diocesano de Lugo

Así, entre estas pezas están o Crismón da Hermida de Quiroga (do século V ), os restos marmóreos de Santa Eulalia de Bóveda (século IV) e o Sartego de Temes, testemuñas do primeiro cristianismo en Galicia.

Nun comezo, este centro naceu como un museo arqueolóxico, xa que atesoura unha valiosa colección de material lítico e numismático que o fai depositario dun amplo legado do pasado. Xunto a iso, imaxes relixiosas, ourivería litúrxica, obxectos devocionais e fragmentos ou pezas escultóricas como os restos da cancela de Saamasas (século IX), os bronces esmaltados do Medievo, a cruz románica de Meira, o Crucificado de Loio ou a Virxe Aleitadora da capela do Fusco -Lalín-.

Tamén inclúe o museo pezas de Cornielles de Holanda, Joannes de Boloña, Guglielmo della Porta, Joan de Joanes, Francisco de Moure ou Domingo de Andrade, por citar algúns dos nomes que conforman o rico legado da Igrexa de Lugo e forman parte da exposición permanente do museo.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: