fbpx
Fachada da catedral de Santiago / spaincenter.org

Queres visitar gratis os arquivos da Catedral de Santiago e da USC?

Tempo de lectura: < 1 min.

O Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago celebrará este venres, día 9 de xuño, o Día Internacional dos Arquivos cunha xornada de portas abertas.

Segundo informou a Catedral a través dun comunicado, os cidadáns poderán acceder directamente aos espazos, funcionamento e fondos do Arquivo catedralicio mediante visitas guiadas e gratuítas.

Estas visitas consistirán nun percorrido explicativo polas estancias do arquivo e da biblioteca, con acceso non só á área pública, senón tamén ás salas de catalogación e aos depósitos, incluída a Sala Capitular e a Biblioteca Antiga.

Así mesmo, exporanselalgunhas das pezas orixinais máis representativas, como o Códice Calixtino, o Tombo A e o Breviario de Miranda. Ao final da visita, recibirán un agasallo. Máis información na web.

Visitas arquivos da USC

Por outra banda, tamén o vindeiro venres , o Arquivo Histórico Universitario celebrará unha xornada de portas abertas. Haberá dúas visitas guiadas encamiñadas a amosar o traballo e o rico e variado patrimonio documental que conserva. As visitas serán en quenda de mañá ás 11.00 horas e en quenda de tarde ás 17.00 horas, e están abertas a toda a comunidade universitaria e á cidadanía en xeral non sendo necesario rexistro previo. A duración aproximada das mesmas será dunha hora e media.