fbpx
Parte da colección Álvaro Gil, no Museo provincial de Lugo / Deputación de Lugo

Visitas guiadas ás grandes coleccións de ourivería e mosaicos romanos de Lugo

Tempo de lectura: 2 min.

O Goberno da Deputación de Lugo ofrece unha programación de visitas guiadas ao Museo Provincial de Lugo e ao Museo do Mar, en San Cibrao, para todas as idades e totalmente gratuítas, durante a celebración do MMXVII Arde Lucus, desde o 29 de xuño ao 2 de xullo. Trátase da iniciativa do Executivo Provincial para dar a coñecer e promocionar as obras e obxectos da cultura castrexo-romana, como por exemplo as coleccións das salas de Ourivería Prerromana e Romana e a sala dos Mosaicos Romanos.

Cada visita ten un máximo de 15 prazas e unha duración de vinte minutos. As persoas interesadas en participar no Museo Provincial de Lugo poden inscribirse no 982 24 23 00 ou presentarse 5 minutos antes da hora de inicio na recepción do museo. Para as do Museo do Mar, no 982 59 45 72.

Programación de visitas

Museo Provincial de Lugo

  • O xoves 29 de xuño ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Aras, estelas, relevos e placas funerarias. Ritos mortuorios en Lucus Augusti.

  • O venres 30 de xuño ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Divindades, indíxenas e romanas en Lucus Augusti.

  • O sábado 1 de xullo ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Roma pagaba e negociaba con ases, denarios… e outras moedas.

  • O domingo 2 de xullo ás 12:00 horas terá lugar a visita guiada Paulo Fabio Máximo. Legat Caesaris. A fundación de Lucus Augusti.

Museo do Mar

O xoves 29 de xuño ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Os cazadores de baleas.

  • O venres 30 de xuño ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Aproveitamento do marisqueo castrexo polos romanos.

  • O sábado 1 de xullo ás 12:00 horas e ás 19:00 horas terá lugar a visita guiada Aproveitamento do marisqueo castrexo polos romanos.

  • O domingo 2 de xullo ás 12:00 horas terá lugar a visita guiada Aproveitamento do marisqueo castrexo polos romanos.

Pode que che interese...