fbpx
Mina Conchita, en Lugo / http://mineralesytesorosdelatierraaulaexpo.com/

Xa podes coñecer a evolución xeolóxica de Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

O doutor en Xeoloxía Francisco Canosa presenta este mércores, ás 18.30 horas no Museo de Historia Natural, a unidade didáctica Xeoloxía de Galicia, que ten por obxecto dar a coñecer o noso gran patrimonio xeolóxico á vez que axudar ao alumnado de secundaria e bacharelato a o comprender mellor mediante figuras, gráficos e mapas.

A unidade confórmana 14 láminas nas que se amosa a evolución xeolóxica de Galicia desde a súa orixe ata os nosos días, facendo tamén énfase nas distintas zonas en que está dividida desde o punto de vista xeolóxico, os diferentes tipos de rochas que existen e que minerais industriais se atopan nesta rexión.

O volume fai un énfase especial no seixo, un mineral estratéxico que o Grupo Ferroatlántica explota en 4 xacementos (Mina Sonia, Mina Serrabal e Mina Esmeralda, na provincia da Coruña, e Mina Conchitina na provincia de Lugo) e dos que se inclúe unha lámina de cada unha deles.

Na presentación, organizada pola Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC, participarán tamén a directora do museo e vicepresidenta da asociación, María Isabel Fraga Vila; o director de Cuarzos Industriales e Ramsa, Rafael Fuentes; e o director do proxecto, Roberto Almuíña.

Pode que che interese...