fbpx
Unha placa en homenaxe a portugueses asasinados polo franquismo en Castrelo de Val foi destrozada / Histagra

Destrozan unha placa en memoria dos asasinados polo franquismo

Tempo de lectura: < 1 min.

Non hai respecto nin polos mortos. Segundo denuncia o grupo Histagra da USC acaban de destruir a placa dedicada aos portugueses asasinados polo fascismo en Castrelo do Val en 1936. Anuncia que a placa será restaurada pero pide que “este acto non quede impune”. “Que teñan por seguro aqueles que o cometeron que a memoria de todas e todos aqueles que foron perseguidos pola violencia desencadeada tralo golpe de Estado de 1936 non será esquecida xamais”, advirte.

Foi no verán de 2012 foi inaugurada en Campobecerros unha placa que homenaxeaba tres carrilanos portugueses asasinados en agosto de 1936 polos fascistas. O monumento foi obxecto dun atentado hai unhas semanas, que o deixou parcialmente destruído. “Que teñan por seguro aqueles que o cometeron que a memoria de todas e todos aqueles que foron perseguidos pola violencia desencadeada tralo golpe de Estado de 1936 non será esquecida xamais”, apunta Histagra.

Calcúlase que medio cento de traballadores do ferrocarril foron asasinados en represalia pola súa resistencia ao fascismo, e que un terzo eran portugueses.

A homenaxe que tivo lugar hai cinco anos foi impulsada polos profesores Paula Godinho da Universidade de Lisboa e Manuel Loff da Universidade de Porto, polo proxecto Nomes e voces, pola Asociación Cultural Os Carrilanos e polo propio Concello de Castrelo do Val. António Ribeiro, José Maria Sena e Ramiro eran tres dos moitos portugueses empregados nas obras do ferrocarril. No momento en que se produce o Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 os traballadores organizaron unha forte resistencia contra os fascistas que buscaban facerse co control do territorio.

Pode que che interese...