Procesión de Santa Marta de Ribarteme, onde os fieis van en cadaleitos / turismo.gal

Cando fóra tratan as tradicións de Galicia como festas de Drácula ou Halloween

Tempo de lectura: 2 min.

“Estos fieles ni están muertos, ni es Halloween, ni tienen complejo de Drácula, es más que un simple coqueteo con la muerte”… Así comeza unha reportaxe sobre a romaría de Santa Marta de Ribarteme que cada 29 de xullo se celebra no concello de As Neves.

Unha romaría que é das máis antigas de Galicia e que xa está documentada hai máis de 300 anos. Trátase dunha procesión de cadaleitos que mestura ritualidade simbólica e relixión e que cada vez é máis visitada e coñecida.

A procesión presídea todos os anos a imaxe de Santa Marta. A igrexa relaciona a fama milagreira de Santa Marta coa súa estreita relación con Xesucristo. Santa Marta era a irmá de Lázaro e tras a morte de Xesús viuse obrigada a abandonar Palestina.

 

A procesión dos cadaleitos é unha das máis sobrias da Galicia rural. E dentro deles van os ofrecidos, aqueles que se meten na caixa non por diversión, nin porque son Dráculas ou saiban o que é o “Halloween” ou porque queiran “coquetear coa morte”, senón porque pídenlle á Santa que interceda ante calquera problema grave que teñen; a enfermidade dun irmá, dumha nai ou dunha filla, ou porque a Santa intercedeu para curalos dunha grave doenza.

Aínda así, certos medios de comunicación tratan esta festa como se “un festival da defunción” se tratara. Aproveitando que o xornal británico The Guardian a catalogou como a segunda festa máis rara do mundo, por As Neves acuden cada 29 de xullo moitas cámaras e medios de comunicación. Algúns, en busca de “yuyus”, aínda que os fieles insisten en que están alí por “respecto” e por “promesas”.

Procesión de Santa Marta de Ribarteme / youtube

O ritual

A procesión sae ás 12 do mediodía da parroquia de Santa Marta de Ribarteme e nela participan centos de fieis –e ultimamente curiosos– que agardan ás portas dunha igrexa parroquial abarrotada pola multitude. No seu interior a xente dispútase un espazo ante o altar onde se atopa unha das virxes máis venerada de Galicia e tentan ofrecerlle á Virxe un sacrificio, unha ofrenda ben distinta para cada un dos congregados. Durante a procesión, a imaxe de Santa Marta é acompañada por San Bieito (san Benitiño) e a Virxe da Carmen.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: