Recreación da chegada de Colón á Española

Como eran as plantas medicinais e drogas do Novo Mundo

O profesor xubilado da USC Enrique Raviña presenta este martes en San Xerome o seu último libro, ‘Las medicinas de la historia española en América / Medicines of Spanish History from America’, que a Universidade compostelá coedita coa Fundación Lilly.

O que foi catedrático de Química Farmacéutica na USC fai reconto no volume, que presenta á vez versión en español e inglés, as medicinas descubertas tras a colonización española do continente americano, que significou unha nova fonte para a farmacoloxía debido a que a gran diversidade de territorios no Novo Mundo ofrecía novas plantas medicinais e drogas.

A presentación terá lugar no Salón Reitoral ás 12.00 horas presidida polo reitor Juan Viaño e nela, ademais dou autor, intervirán a coordinadora de proxectos da Fundación Lilly, Yolanda Martín Azañedo, e o director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: