Torques de Burela, do Museo Provincial de Lugo / Galipedia

Descubre como era o ouro galego desde o II milenio a.C. ata o século VI d.C.

Ourivería Antiga no Museo Provincial de Lugo”. Ese é o nome da mostra que se organiza na Casa da Cultura de Burela. Unha exposición organizada e producida polo Museo provincial de Lugo, dependente da Deputación de Lugo, e na que se tenta describir a evolución dos obxectos de ouro nestra provincia durante máis de 2.500 anos.

Por iso, a mostra propón unha visión completa, a través dunha serie de paneis fotográficos explicativos, da colección de obxectos de ourivería prehistórica e antiga, fundamentalmente áurea, dos fondos do museo provincial, con mostras que abarcan desde o II milenio a. C. ata o século VI d. C.

Parte da colección Álvaro Gil, no Museo provincial de Lugo / Deputación de Lugo

Estes paneis son obra de Aurelia Balseiro García, directora do museo, e de Enrique Alcorta e Ofelia Carneiro, do Departamento de Arqueoloxía/Historia do mesmo centro., sendo a razón desta exposición a declaración, en maio de 2015, da colección de ourivería de A. Gil Varela, como Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.

Esencialmente, esta colección destaca polo elevado número de pezas que a compoñen, cincuenta, así como pola súa variedade morfolóxica. A maior parte corresponde a elementos que corresponden con adornos persoais (torques, arracadas, pulseiras, brazaletes, aneis, etc.), aínda que, polo seu contexto, non se descarta o seu carácter simbólico, como indicadores de riqueza, poder e status.

Outros elementos, como tortas/lingotes e arames, permiten, á súa vez, analizar os métodos de obtención do metal áureo principalmente e os primeiros pasos do traballo ourive.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: