Situación e defensas do castro de Bexo, en Dodro / manuelgago.org

O concello de Dodro pide a aplicación da lei urbanística na restauración dun castro no medio do monte

Como é posible que un concello se poña en contra da posta en valor do seu patrimonio? . E, como é posible que, ademais, o faga utilizando procedimentos e argumentos case surrealistas que suporían volver a inzar de eucaliptos un castro que acaba de ser completamente limpado de vexetación e especies invasoras.

Pois isto é o que acaba de acontecer en Dodro, un castro do que xa falamos en Historia de Galicia por ser os veciños os que teñen impulsado o seu recoñecemento. Por iso, o pasado mes de maio a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común “Cruz do Avelán” en colaboración coa Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño e a Asociación Cultural Unidade Veciñal de Dodro levaron a cabo a limpeza da croa no do Castro de Bexo, coñecida como “Eira dos Mouros”.

Os traballos realizaronse baixo a coordinación do arqueólogo Carlos Otero e coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio, que consistiu na eliminación do eucalipto existente que ameazaban as estruturas existentes.

Muros do castro de Bexo, en Dodro inzados de eucaliptos / conocergalicia.com

“Reposición da legalidade urbanística”

Non obstante, o pasado 4 de xullo o concello abríu un “expediente de reposición da legalidade urbanística” a dita comunidade de montes por ser a promotora da actuación, co argumento de que non solicitou licenza urbanística. O concello argumenta que “as intervencións en inmobles declarados bens de interese cultural ou catalogados pola súa singularidades características constitúen un acto suxeito a licenza municipal”. Ademais esixe á Comunidade de Montes a reposición da legalidade urbanística.

Segundo apunta a entidade promotora da posta en valor do castro, o arqueólogo encargado do proxecto, Carlos Otero, “nunca na súa carreira viu semellante cousa, que o castro non está declarado Ben de Interese Cultural nin é un inmoble”. “Unha vez máis o goberno do Concello de Dodro aparte de non mostrar o máis mínimo interese polo patrimonio pon trabas e impedimentos para a súa conservacíon”, denuncia en declaracións a HdG.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: