Coches clásicos e de época / pixabay.com

Queres ver coches de época?

Os amantes dos vehículos de época están de noraboa. A Asociación Cultural Clásicos e Históricos Condado celebra a I Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos do Condado que terá lugar o vindeiro domingo 6 de agosto en Ponteareas.

Nesta primeira edición o público poderá desfrutar dunha concentración exposición que se abrirá ás dez horas para dar comezo á ruta pola comarca do Condado chegando a Paradanta donde efectuarán unha parada na Cañiza arredor das doce e media. Ás 14:00 horas terá lugar a comida no restaurante Castelo de Vilasobroso cun prezo para os asistentes de 20€ por persoa que inclúe tamén o xantar.

Esta primeira edición da Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos do Condado visitará tamén Mondariz Balneario ás 16:15 horas para lucir o seu esplendor diante dos xardíns do Gran Hotel e volver arredor das cinco da tarde de novo á Praza Bugallal de Ponteareas.

A I Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos do Condado coincidirá coa Feira de Oportunidades que organiza a Asociación Comerciantes Tea os días 5 e 6 nas rúas Esperanza e Oriente. Deste xeito prográmase unha fin de semana con atractivos para toda a familia.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 2 de agosto e tódolos interesados poden inscribirse e informarse no enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 649 43 63 28 (José Manuel Gómez) O prezo da inscrición é de dez euros e de vinte euros por persoa coa comida inclúída.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: